imc indymedia uruguay
Quienes somos Contacto Boletín Calendario Publicar
white themeblack themered themetheme help

Ultimos artículos
Próximas Actividades

Nov 11
SI, NUESTROS NIÑOS PUEDEN CRECER LIBRE DE DROGAS..

Dec 2 Marcha
Marcha a la embajada de israel

Publica una Actividad


printable version - email this article

Concentración contra ENCE en Vigo, sábado 11 de febreiro
Por: Reenvio indymedia galicia Friday, Feb. 10, 2006 at 8:22 PM

MANIFIESTO DA "PLATAFORMA SOLIDARIA CO MOVEMENTO ANTIPAPELEIRAS NO RIO URUGUAI".

Concentración contra ENCE en Vigo, sábado 11 de febreiro

Asociación Pola Defensa da Ría , 08.02.2006 00:04, (Id: 6118)


MANIFIESTO DA "PLATAFORMA SOLIDARIA CO MOVEMENTO ANTIPAPELEIRAS NO RIO URUGUAI".






MANIFIESTO DA "PLATAFORMA SOLIDARIA CO MOVEMENTO ANTIPAPELEIRAS NO RIO URUGUAI".

Conscientes do problema que se está a prantexar na Arxentina e no Uruguai pola pretensión de ENCE e BOTNIA de instalar dúas papeleiras no río Uruguai, que fai fronteira entre ámbolos dous países, e coñecedores do movemento social que a chegada destes proxectos ten provocado entre as poboacións ribeireñas dun e doutro lado, as entidades abaixo subliñadas, así como moitas persoas ao nivel individual, temos decidido constituír unha Plataforma plural, independente e aberta a todas aquelas persoas e colectivos que desexen formar parte dela baixo os seguintes puntos programáticos:

1º.- Trátase dunha plataforma de solidariedade cos pobos da Arxentina e do Uruguai que están a manter unha xusta loita contra a instalación irracional de fábricas de pasta de papel en Fray Bentos (República Oriental do Uruguai) que van destruír os recursos naturais e turísticos da zona, afectando á economía e á saúde e calidade de vida das persoas das poboacións ribeireñas dun e doutro lado, que teñen no río e no turismo a súa principal fonte de ingresos.

2º.- A plataforma oponse ao modelo irracional e contaminante que ENCE e BOTNIA (co consentimento do goberno uruguaio) pretenden impor aproveitándose da difícil situación económica que atravesa aquel país.

3º.- A plataforma defende para a zona un modelo de desenvolvemento sustentábel, baseado na explotación racional dos recursos naturais e turísticos, un modelo que é incompatíbel cos proxectos das citadas papeleiras.

4º.- Neste sentido, a plataforma non só está posicionada contra as papeleiras no río Uruguai, senón tamén contra todas aquelas instalacións industriais que, proxectadas ou xa en funcionamento, incumpran a lexislación medioambiental, destrúan a economía da zona e/ou atenten contra o medio natural, a saúde e a calidade de vida das persoas.

5º.- Ao mesmo tempo, a plataforma denuncia a política forestal imposta polas multinacionais da pasta de papel que, coa masiva e desaxeitada implantación do monocultivo de eucalipto, veñen destruíndo sistematicamente os bosques tropicais impedindo a explotación forestal dun xeito máis xusto social, económica e medioambientalmente.


Nota.- As entidades que neste momento forman parte da “Plataforma” son as seguintes: “Asociación Arxentinos no Exterior - Movemento Arxentinos no Exterior”; “Asociación Pola Defensa da Ría”; “Comité Galego Bolivariano de Solidariedade con Venezuela”; “CGT”; “Corrente Traballadores Galegos polo Socialismo”; “Esquerda Republicana de Galicia. Federación Ecolóxista Galega, ADEGA ”.


Como primeira actividade pública da Plataforma, temos convocado unha CONCENTRACIÓN DIANTE DO CONSULADO URUGUAIO, en Vigo, para o vindeiro SABADO DÍA 11 ás 12 da mañá. É importante que se deixe ver a solidariedade do pobo galego coa xente que loita en Arxentina e Uruguai para impedir que ENCE e BOTNIA destrúan o seu medio natural, os seus recursos e a súa calidade de vida e saúde como nos ten pasado a nós en Pontevedra.

(Consulado do Uruguai Rúa Marqués de Valladares, 35)

Comenta este artículo


LATEST COMMENTS ABOUT THIS ARTICLE
Listed below are the 10 latest comments of 3 posted about this article.
These comments are anonymously submitted by the website visitors.
TITLE AUTHOR DATE
el polenta afirma el polenta Thursday, Apr. 12, 2007 at 9:10 PM
Iaquierda Auténtica militante Saturday, Feb. 11, 2006 at 7:47 AM
El gobierno uruguayo esta perdiendo popularidad Estiproyuter Friday, Feb. 10, 2006 at 8:25 PM
© 2000-2003 Indymedia Uruguay. Unless otherwise stated by the author, all content is free for non-commercial reuse, reprint, and rebroadcast, on the net and elsewhere. Opinions are those of the contributors and are not necessarily endorsed by the Indymedia Uruguay. Running sf-active v0.9.4 Disclaimer | Privacy